Cineuropa fai un avance da súa programación, que inclúe filmes premiados noutros festivais

Chega o cine

25/10/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
“A voda de Tuya” premiada co Oso de Ouro en Berlín; “Catro meses, tres semanas, dous días” galardoada coa Palma de Ouro en Cannes; “ O bosque de loito” gran premio do Xurado en Cannes así como o “Redacted”, o último filme Brian de Palma, León de Prata nesta edición do festival de Venecia son algúns dos títulos que se proxectarán na vindeira edición de Cineuropa (6 de novembro-3 de decembro). A cita de cine que organiza o Concello de Santiago contará cunha sección dedicada aos filmes de xénero fantástico, máis as xa habituais “Mundo Asia” ou “Doc-Music”.

Máis información no web Compostela Cultura e sobre edicións anteriores na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Cineuropa, Ouro, Cannes...