Cineuropa premia a produción “The Edge of heaven” e bate marcas de asistencia

Espectadores que tocan o ceo

5/12/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Uns 30.000 espectadores encheron as salas dos cinco recintos que o Concello de Santiago habilitou para esta edición de Cineuropa. É a cifra máis alta de participación dun certame no que o público é quen decide cal é a cinta gañadora. Este ano a produción xermano-turca “The Edge of heaven” foi a vencedora con 8 puntos, seguida da francesa “Xuntos e mais nada” de Claude Bearri cun 7.9. Na categoría de "Panorama Internacional", o primeiro posto foi para a coprodución libano-francesa “Caramel” e na sección "Norteamérica: cine e poder" foi “Mundo Asia” a que obtivo a mellor puntuación.

Máis información en Cineuropa, os 15.000 espectadores a falta dunha semana do festival nesta nova e máis sobre o festival na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Cineuropa, Culturagalega, Concello de Santiago...

Claves

Conceptos
Lugares