Os festivais de cine máis importantes de Galicia, o de Ourense e Cineuropa en Santiago veñen de presentan os seus programas. Cineuropa comezará o vindeiro xoves 2 entregando no Teatro Principal un dos seus premios, pola súa traxectoria, ao compositor británico Steven Warbeck (“Billy Elliot”, “Shakespeare in love”). A entrega terá lugar no transcurso dunha gala na que a Real FilharmonÃa de Galicia interpretará música en directo.Por diante haberá un mes no que se proxectarán filmes de Kaurismaki, Pollack, Soderberg ou Claude Chabrol. Mentres, o de Ourense daba a coñecer o seu programa definitivo, no que destaca a produción “As vidas de Celia”, protagonizada por LuÃs Tosar e Najwa Nimri, que pechará o programa.
Máis información sobre Cineuropa en Compostelacultura.org, La Voz de Galicia, El Correo Gallego e na nosa hemeroteca e sobre o Festival de Cine de Ourense no seu web e na nosa hemeroteca