A cita ineludible

Cineuropa arrinca reivindicando o seu potencial como gran festival de Galicia

Fotograma de <i>Hadewijch</i>
Fotograma de Hadewijch
160 títulos, dos que máis dun centenar son estreas e 18 son premiere en España. Ademais, un público entregado (que vai en aumento) que fai colas para conseguir unha entrada. Estes son algúns dos sinais de identidade dun certame que cumpre 23 edicións fiel ao mes de novembro santiagués e á fórmula de “festival de festivais” que fai o seu director, José Luis Losa. ¿Será Cineuropa o gran festival de cine que necesita Galicia?

“Todas as comunidades, as históricas e as non históricas, teñen un ou dous festivais importantes pero aquí segue sen haber un desas características” afirma Jose Luis Losa, director de Cineuropa, o festival de cinema de Santiago de Compostela. Non ten pelos na lingua ao afirmar que o de Ourense “máis que internacional eu digo virtual porque as cifras de asistencia son moi baixas e porque se está autoliquidando”. Losa defende a necesidade de que Galicia teña esa gran cita audiovisual ao tempo que é firme a súa convicción de que “non se debe perverter o esquema de traballo de Cineuropa”, a saber, ese mes enteiro de proxeccións que serven para dar conta do que está acontecendo noutras cinematografías e que non chegarán nunca ás carteleiras por problemas de distribución. “Defendo esa idea de festival pero sería unha fórmula semellante a doutros encontros do mesmo tipo, como pode ser o Rotterdam, Locarno ou Xixón, de sete ou oito días de corte máis festivalero” apunta. De momento, Cineuropa arrinca esta noite coa proxección de A cinta branca de Michael Haneke, gañadora da Palma de Ouro nesta edición de Cannes, a estrea de Ricky de François Ozon e o último título de Won Kar Wai.

As imprescindibles por José Luis Losa
“Ademais das que xa todo o mundo coñece e hai que ver, como Costa Gavras, Haneke, Won Kar Wai ou Loach” Jose Luis Losa recomenda unha serie de títulos de xente menos coñecida pero igual de interesante como son Aquele Querido mès de agosto, Elevator, Hadewijch, Os condenados e a “gamberra" película da filla de David Lynch, Surveillance. Son a selección do director.

Os trailers

Aquele querido mês de agosto




Elevator




Hadewijch




Os condenados





Surveillance



Consulta a programación de Cineuropa 09.