É a gran cita cinematográfica do ano. Durante un mes exhibiranse máis de duascentas películas de cine de autor, independente e alonxado dos criterios comerciais que de non ser por este festival xamais se verían en Galicia. Coa proxección dun filme rodado integramente en Santiago e ópera prima do compostelano Alfonso Zarauza, A noite que deixou de chover, comeza mañá Cineuropa. Falamos co seu director, José Luis Losa, para coñecer as novidades dun festival que cumpre xa XXII edicións.
O cine en pantalla grande desaparece afirma José Luis Losa, director do festival máis emblemático dos que hai en Galicia. De aí o valor simbólico dun certame que proxecta en 35 milímetros 140 películas dun total de 250 títulos (a cifra máis alta desde que se creou este festival) que falan de persoas, de sentimentos e de ideas. Grazas a Cineuropa este ano poderanse ver filmes como o que achega a matanza de palestinos en Sabra e Chatila abordada desde a óptica da banda deseñada, Waltz with Bashir; ou os documentais que tratan o tema da pederastia na Igrexa (Deliver us from de Evil); ou as películas gañadoras dos principais festivais internacionais de cinema: Cannes, Berlín, San Sebastián... E todo no tempo record dun mes. Un modelo que funcionou e segue a funcionar e polo que para Jose Luis Losa sería difícil xustificar un cambio.
Renovación contida
Hai unha fidelidade do público a este certame que, tal e como está o panorama de exhibición e de festivais, cómpre non modificar. Así pensa un Jose Luis Losa desencantado por todas aquelas perspectivas que apuntaban un cambio para este festival que quedaron no aire. Coa chegada do bipartito notamos unha vontade de impulsar Cineuropa cara outra dimensión que nunca acabou por concretarse afirma. Non ten reproches para o concello de Santiago, entidade que sufraga anualmente este encontro, aínda que si para a Xunta de Galicia porque aínda non se deron conta de que Galicia necesita un festival de referencia.
Losa é a alma máter e o creador deste certame desde o seu nacemento, por iso sabe ben que para que Cineuropa dea un salto como festival pasaría por outro esquema de partida que supón a implicación da administración e, claro está, un maior orzamento. Era ese festival de corte máis festivalero que avanzou hai máis dun ano, de momento, queda en suspenso. Imos seguir como estamos afirma, aínda que mentres mantén o seu esquema de proxeccións vai abrindo novos cambios para esta edición.
Os cambios para o 2008
A edición de 2007 deixoume moi satisfeito tanto polas cifras de público asistente como polas críticas. Isto, unido á necesidade continua de mellora fai que te leve sempre un pouco máis lonxe. Deste xeito, Jose Luis Losa pensou que ao lado das fórmulas xa existentes, dun certame cunha sección competitiva (votada polo público e non por un xurado) debería contar con outras novidades. Primeiramente está o salto cuantitativo no número de proxeccións que se emitirán este ano, que supera os 250 títulos. Non foi unha decisión de vulto, ao peso, senón que é o resultado dunha oferta moito máis rica no panorama cinematográfico asegura Losa que este ano decidiu crear unha sección Panorama Galicia para dar cabida á produción galega dos últimos dous anos. Non está no espazo central de Cineuropa (o Teatro Principal), pero estanse a facer cousas en Galicia que cómpre que se vexan asegura Losa. Pero non é a única novidade.
Pareceume interesante a oportunidade o contacto cos autores co público. E por ese mesmo, continuando cunha liña que fixemos o ano pasado, traeremos a algúns directores para que manteñan unha conversa co público ao rematar a proxección. Isto, coa película sorpresa, os premios Cineuropa (este ano Pablo Trapero e Jaime Rosales) fan que a cita sexa, outro ano máis, ineludible.
As relacións con outros certames
Cando un certame cumpre tantos anos como ten Cineuropa é normal que sexa o referente cara o que ollen as diferentes mostras, xornadas ou festivais de cine que chegaron despois. A cita de Santiago tiña xa dez anos, unha solvencia e unha sona recoñecida apareceu en Ourense un festival que se instala nas mesmas datas, acuña tamén a etiqueta de independente, e conta cun número de películas e de orzamento só comparable con Cineuropa. Non foi o único. Á marxe da vaga de citas salpicadas por toda Galicia, na mesma cidade de Santiago aparecen dous novos certames con certa entidade: un de curtametraxes (Curtocircuíto) e outro para achegar a realidade cinematográfica (e cultural) da rexión Euroárabe (Amal). Uns envites aos que Cineuropa resistiu sempre e cos que o seu director asegura convivir e levarse ben. Con respecto ao de Ourense, Losa considera que coa chegada de Enrique Nicanor ao certame tiveron a cortesía de adiantar as datas e evitar así esa coincidencia pero nada máis. Con respecto aos certames santiagueses que funcionan como a antesala do de Santiago, Losa considera que parten de orixes ben diferentes (un da iniciativa privada como é Amal, da Fundación Araguaney) e con intencións coa cidade de Santiago e o audiovisual como fío de conexión, de aí que Losa opta que o futuro pase pola convivencia nunca pola integración das diferentes citas. Sería unha mágoa e difícil de xustificar que este formato desapareza, podería haber modificacións na súa estrutura, pero o seu cambio con respecto ao que coñecemos hoxe sería dificilmente entendible asegura.
**Información corrixida e actualizada.