Todos vós sodes capitáns, de Óliver Laxe, estrearase en tres salas comerciais

O filme gañou o premio de novos realizadores na anterior edición do festival de Cannes

Non é habitual que este tipo de filmes cheguen a salas comerciais, por iso, aínda que só sexan 3 copias é destacado que o filme de Ólive Laxe, Todos vós sodes capitáns, chegue a salas comerciais. Será na Sala Berlanga (Madrid), os Cinemes Girona (Barcelona) e tamén os Filmax (A Coruña) onde se poderá ver este filme galardoado co premio Fipresci. A película rodouse en Marrocos e conta a historia dun grupo de rapaces dun centro de acollida que participaban nun obradoiro de cine. Foi galardoado co premio Fipresci para novos realizadores na pasa edición do festival de Cannes, máis unha traxectoria exitosa en festivais. Está previsto que se emita pola canle de pago TCM, en datas aínda sen precisar.