Despois da súa premiere internacional na Sección Forum de Berlinale, a longametraxe Lúa Vermella de Lois Patiño terá a súa estrea galega dentro do marco do festival compostelán CurtocircuÃto, nun acto especial que terá lugar de forma presencial no Teatro Principal de Santiago de Compostela. O CurtocircuÃto, que se celebrará entre os próximos 3 e 11 de outubro en Santiago de Compostela, acollerá na súa décimo sétima edición a estrea galega do filme do cineasta Lois Patiño, producido por Zeitun Films e Amanita Studio. A proxección especial terá lugar no Teatro Principal de Compostela e contará coa presenza do cineasta e do elenco artÃstico da pelÃcula ao xeito do que se fixera o pasado ano coa proxección de O que arde, de Óliver Laxe. A pelÃcula de Lois Patiño fará mañá martes, 25 de setembro a súa estrea estatal dentro do XXIIIº Festival e Málaga no Teatro Albéniz desa cidade competido dentro da Sección ZonaZine. Lúa Vermella estrearase en cinemas o próximo 30 de outubro da man da distribuidora Elamedia Estudios, conta co apoio da Xunta de Galicia e Agadic e coa participación da Televisión de Galicia.
Lois Patiño (Vigo, 1983) afonda con Lúa Vermella no universo retratado na súa ópera prima, Costa da morte, traballo polo que recibiu, entre outros, o premio a Mellor Director Emerxente no Festival de Locarno. Segundo Patiño, "Lúa Vermella traballa arredor da lendas e crenzas galegas. A pelÃcula crea un novo mito arredor da historia real do Rubio de Camelle, un mergullador que recuperou máis de 30 cadáveres de náufragos perdidos no mar. É por tanto, unha pelÃcula que reflexiona sobre a relación coa morte en Galicia, o seu proceso de duelo e os mitos que esperta un lugar onde, historicamente, a relación cos mortos era (ou é) dunha maior convivencia. Creo que, inevitablemente, todas as pelÃculas van adquirir unha nova lectura tras a pandemia. As intencións coas que fixemos Lúa Vermella, que ten algo de universo utópico postapocalÃptico, e as lecturas que poida espertar agora, van ser diferentes". Rubio de Camelle interprétase a si mesmo encabezando un elenco completado polas actrices Ana Marra, Carmen MartÃnez e Pilar Rodlos, que dan vida ao trÃo de meigas que, como a Santa Compaña, habitan o espazo onÃrico da pelÃcula. No seu equipo técnico destaca como directora de arte a cineasta Jaione Camborda (Arima).