Os Premios MarÃa Luz Morales de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual convocados pola Academia Galega do Audiovisual co apoio das catro deputacións provinciais ten xa gañadores. Un videoensaio e dous ensaios escritos acadaron o apoio do xurado desta novena edición, que deixou deserta a categorÃa de videoensaio sobre audiovisual galego e destacou dous accésits. O traballo gañador en cada unha delas recibe un trofeo conmemorativo e 1.200 euros. O xurado desta novena edición estaba formado pola programadora de artes visuais e plásticas Andrea Franco, a directora, montadora e investigadora Ariadna Cordal e o programador Julio Vilariño. Na categorÃa de Mellor ensaio escrito sobre o audiovisual galego, o premio foi para 'Bowery New York: unha alfaia do cinema galego', de Xurxo González. O xurado valorou a orixinalidade do tema, a investigación sobre unha cineasta que poderÃa ser a primeira de Galicia e a aposta por saÃrse do canon establecido, reivindicando o cinema amador desde unha perspectiva feminina.
Na categorÃa de Mellor videoensaio sobre audiovisual internacional o recoñecemento recaeu en 'Jean Epstein: unha inmensidade de mar. O cinema como marea e pensamento', de Adrián Canoura, polo coidado na montaxe, a combinación de imaxes, son e pantalla partida, e a capacidade de transmitir a fascinación do cineasta polo mar e a súa filosofÃa cinematográfica. O premio ao Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional foi para 'A estética queer, o camp e as distintas formas de representación transxénero no audiovisual contemporáneo', de Valeria Gómez, destacando o xurado o rigor da súa investigación, a capacidade de conectar filmes descoñecidos con outros de culto ou populares, e a reflexión profunda sobre a evolución do cinema queer e a estética camp na contemporaneidade.
Na categorÃa de ensaio escrito sobre audiovisual internacional , o accésit correspondeu a 'Antes de que o mundo aconteza. A memoria mineral dentro do cine experimental”, de Aldara Pagán, pola aproximación innovadora ao cinema experimental, atendendo aos elementos non humanos e ofrecendo unha perspectiva poética e orixinal sobre o audiovisual das marxes. Un accésit da categorÃa de videoensaio internacional foi para 'Bong Joon-ho e a comida', de Ione Monje, que ofrece unha análise sociolóxica e polÃtica sobre a relación dos personaxes coa comida na obra do director surcoreano, realizada cunha montaxe coidada e reflexiva.