A Academia Galega do Audiovisual entregou os premios María Luz Morales, que promoven a investigación científica no ámbito audiovisual nunha gala celebrada en liña, na que se fixeron públicos os traballos gañadores. Nesta quinta edición, por primeira vez na historia destes galardóns, o xurado declarou deserta unha categoría, a de Mellor videoensaio sobre audiovisual galego. Repartíronse os premios correspondentes ás dos ensaios escritos sobre audiovisual galego e internacional e a de videoensaio sobre audiovisual internacional ademais de dous accésit. Unha das novidades deste ano foi a retransmisión do evento en liña, a través da canle de YouTube da Academia, desde a sede da Deputación da Coruña, como anfitrioa este ano.
Estes premios da Academia Galega do Audiovisual naceron en 2017 para estimular a produción de ensaio e videoensaio en lingua galega e para reivindicar a figura da escritora e xornalista María Luz Morales (A Coruña, 1889 Barcelona 1980). Contan co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña, a Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Ourense e a Deputación de Pontevedra.
Premio deserto sobre audiovisual galego
O traballo Hai alguén aí? O reto das novas plataformas e o futuro dos nosos medios públicos, de Manuel Barreiro foi o merecedor do premio a Mellor ensaio escrito sobre o audiovisual galego para o xurado formado polo crítico e programador Brais Romero, o editor, produtor e docente Gaspar Broullón e a cineasta e tamén docente Xisela Franco. Na súa acta salientan os méritos deste traballo "pola súa capacidade para poñer o foco na realidade do cambio de paradigma audiovisual no que estamos inmersos, con perspectiva de territorio e ecosistema, desde un discurso crítico e comprometido, manexando con propiedade os referentes académicos axeitados para un estudio destas características". O outro premio relativo ao audiovisual galego, o de formato videoensaio, quedou deserto por vez primeira nesta edición. O xurado considerou a "inexistencia de propostas candidatas que reúnan a calidade técnica e profundidade discursiva merecedora de galardón".
Audiovisual internacional reforzado
Os traballos sobre o audiovisual internacional aparecen este ano como as categorías máis salientables, toda vez que ademais dos correspondentes premios o xurado atopou nas pezas presentadas outras merecedoras de accésit nas dúas categorías. Así no relativo ao Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional, o traballo premiado foi Barcos ao garete. Formas de esperanza radical no cinema da austeridade , de Iván Villarmea e nesta categoría foi distinguido tamén cun accésit o ensaio O activismo en forma de cinema: Challenge for Change/Société nouvelle (1967-80) de Severiano Casalderrey. Sobre a obra gañadora a acta recolle a súa capacidade "para combinar unha investigación exhaustiva e un exquisito sentido do humor, á vez que traza unha liña entre filmes que van desde o blockbuster ata o cinema de autor", di o xurado. Sobre a obra distinguida co accésit o xurado incide na importancia do tema abordado, a importancia histórica do programa revolucionario de creación de cinema de Canadá e ven "oportuna esta análise dun tema bastante esquecido e así visibilizalo para mostralo como modelo inspirador para o cambio social desde a vinculación entre activismo e cinema documental, producido ademáis por unha institución pública coa intención de dar voz aos oprimidos".
Na categoría de videoensaio sobre audiovisual internacional o xurado tamén atopou motivo para engadir un accésit ao traballo premiado. O galardón foi para Muller, interior, de Lara Bacelo. Deste traballo o xurado valorou a súa facultade "para formular un diálogo entre escenas de películas moi pertinentes, trazando unha viaxe psicolóxica e emocional moi ben executada, editada con precisión, que logra unha experiencia cinematográfica catártica. Polo seu compromiso co feminismo, mirada optimista, e a súa reivindicación do cinema como ferramenta liberadora que rompe os confinamentos da propia historia da muller, demostrando a virtude do cinema como utopía liberadora das cadeas. Ademaqis o xurado ve nesta obra a capacidade para converter o confinamento por Covid-19, "en algo construtivo". No relativo ao traballo distinguido cun accésit, o videoensaio As mans de Luis Buñuel: Tradición, crenza, baixeza e surrealismo, de Igor Fernández, a acta recolle a valioración da súa aproximación orixinal á filmografía do cineasta así como ao focalizarse "na singularidade da comunicación non verbal, concretamente os xestos da mans; pola delicadeza da súa montaxe, o uso do texto, e o ritmo case místico que atrapa ao espectador".