A Academia Galega do Audiovisual anunciou os nomes dos galardoados na oitava edición dos Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual. Nesta edición, premiáronse dous videoensaios e dous ensaios escritos, que recibirán un trofeo e unha dotación económica de 1.200 euros cada un. Na categoría de Mellor ensaio escrito sobre o audiovisual galego a obra gañadora foi 'Desvelar o dispositivo: o río, a terra, a fábrica. Un achegamento ao potencial político da obra audiovisual de Carme Nogueira' de Breogán Xague. O galardón ao Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional foi para 'Resurrección dixital e deepfakes. Os desafíos da intelixencia artificial nun audiovisual hiperreal' de Manuel Barreiro Rozados.
No relativo á categoría en formato audiovisual, o xurado escolleu como Mellor videoensaio sobre o audiovisual galego o traballo 'Galicia, paisaxe de sangue' de Juan Ares, ao que sinalan como "unha obra de valor pola análise que presenta da paisaxe galega como espazo de desenvolvemento de historias no cinema de terror". O traballo recoñecido como Mellor videoensaio sobre audiovisual internacional foi para 'A gran imaxe non ten forma. Apuntamentos sobre a creación de símbolos identitarios' de Victor Soho, "unha proposta temática sobresaliente cunha execución orixinal que parte dunha historia actual sobre o amor para achegarse ao valor dos símbolos, a necesidade, ou non, de telos e as formas que deben adoptar", explica o xurado, integrado polas docentes Anna Amorós, da Universidade de Vigo; Tania Fernández Lombao, da Universidade de Santiago de Compostela; e Begoña Vázquez, xornalista cultural.
Nesta edición dúas obras foron recoñecidas con cadanseu accésit, as dúas referidas ao audiovisual internacional. Por unha banda 'Cinema con batuta. Aproximación á práctica da dirección orquestral a partir do seu tratamento no cinema de ficción' de Severiano Casalderrey, na categoría de Mellor ensaio sobre audiovisual internacional, un proxecto "artellado de forma estética e rigorosa e presenta unha aproximación á dirección orquestral no cinema con proxectos da última década a partir dun método de análise adecuado e con conclusións consistentes e útiles para a Academia, ao tempo que transloce un profundo coñecemento do mundo da música e logra transmitir o seu entusiasmo." Por outra 'Cold War: Unha historia de amor sintetizada' de Rebeca Novo, na categoría de Mellor videoensaio sobre audiovisual internacional, un traballo sobre o filme Pawel Pawlikwski.
A entrega de premios tivo lugar no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra e nela estiveron presentes Álvaro Pérez Becerra e Carme Méndez, en representación da Academia Galega do Audiovisual; César Fernández Gil, deputado de Cultura da Deputación de Ourense; Iria Castro Fernández, deputada responsabel da Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo; Xosé Penas Corral, deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña; e Luis López Diéguez, presidente da Deputación de Pontevedra, institución anfitrioa da presente edición. Por terceiro ano consecutivo, grazas á colaboración entre a Academia Galega do Audiovisual e a revista de crítica cinematográfica A Cuarta Parede, os traballos galardoados serán publicados na revista dixital de crítica literaria