A pelÃcula ruandesa 'The Bride', dirixida por Myriam U. Birara, foi a gran triunfadora da oitava edición do festival pontevedrés Novos Cinemas ao lograr o Premio Novos Cinemas á mellor pelÃcula da Sección Oficial e o Premio Xurado Novo á mellor dirección na mesma sección. A pelÃcula narra o drama social dos matrimonios forzados que sofren moitas mulleres en Ruanda. A outra longametraxe máis valorada foi 'An evening song (for three voices)' de Graham Swon, con dous importantes recoñecementos, o Premio do Xurado da crÃtica e o do público. O veredicto do xurado, composto por Gloria Benito, Silvia Cruz e Helena Wittman, tamén outorgou dúas mencións especiais: unha para 'Peter Pan', de Natacha Samuel e Florent Klockenbring, e outra para 'There is a stone', de Tatsunari Ota. O Premio do Público, seleccionado pola audiencia do festival, distinguiu de novo a 'An evening song (for three voices)', consolidando o seu lugar como unha das preferidas nesta edición.