A estrea en territorio español da ópera prima da cineasta galega Helena Girón e Samuel Delgado, Eles transportan a morte, terá lugar no marco da 69ª edición do Festival Internacional de San Sebastián, entre o 17 e 25 de setembro. A longametraxe, rodada en galego no orixinal, está producida por Filmika Galaika (Beli Martínez ao cargo da produción), xunto con El Viaje Films, La Banda Negra e a colombiana Blond Indian Films e competirá na sección oficial Zabaltegui-Tabakalera, a sección competitiva máis aberta e sen limitación de formatos do veterano festival, que dá cabida ao cine que busca novas miradas e formas. Previamente, como xa se anunciou fai uns días, terá lugar a súa estrea mundial en Venecia, dentro da la Settimana Internazionale della Critica.
Xoán Reixes, Valentín Estévez, David Pantaleón, Sara Ferro, Nuria Lestegás, Josefa Rita e Míguez Cal son os intérpretes desta historia ambientada en 1492, na viaxe de Cristobal Colón que abriu a ruta entre América e Europa e a posterior colonización do continente. Eles transportan a morte (They carry death, no seu título en inglés) narra como entre a tripulación de Colón viaxan tres homes condenados a morte que canxearon as súas condenas polos riscos da viaxe, pero ao chegar ás Illas Canarias, fuxen cargados cunha das veas da embarcación. Mentres, no Vello Mundo, unha muller tenta salvar á súa irmá moribunda, coa esperanza de que unha curandeira poida axudala. Ambas viaxes tratan de burlar á morte. O filme gravouse en 2019 entre Ourense e Tenerife.