A curtametraxe 'Plus Ultra' de Helena Girón seleccionada para o Festival Internacional de Locarno

É unha dúas únicas producións de orixe español que se poderán ver no festival suízo

13/7/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A curtametraxe Plus Ultra da cineasta compostelá Helena Girón estrearase en competición no Festival de Locarno en agosto. A obra foi seleccionada para participar na sección Pardo di Domani do festival internacional suízo. A curtametraxe dirixida, escrita, realizada e producida por Helena Girón e o tinerfeño Samuel M. Delgado, co apoio de El Viaje Films e Filmika Galaika mestura ficción histórica e experimentación a partir do lema institucional Plus ultra . que alentaba a conquistar novas terras. “Canarias –banco de probas das tácticas utilizadas na colonización de América– convértese en escenario dunha fábula sobre o territorio” Segundo apunta a sinopse. A cinta de Girón é unha das dúas únicas producións de orixe española que se poderán ver no festival de Locarno.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filmika Galaika, Canarias

Claves

Entidades
Lugares