Samuel M. Delgado e Helena Girón fan as américas coa súa nova curta

Montañas ardientes que vomitan fuego proxectarase en festivais de Toronto e Nova York

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

La Banda Negra, a produtora da galega Helena Girón e mais do tinerfeño Samuel M. Delgado está a levar o seu último traballo alén do Atlántico. A curtametraxe Montañas ardientes que vomitan fuego, unha mestura de documental e de cinema experimental, estrearase a nivel mundial o vindeiro nove de setembro no Toronto International Film Festival, considerado o segundo máis importante do mundo logo do de Cannes. Segundo explican os cineastas, o filme parte das teorías do científico do século XVII Athanasius Kircher e propón unha viaxe temporal a través do tubo volcánico da Coroa, na illa de Lanzarote. A cinta continuará o seu percorrido cunha nova proxección no coñecido New York Film Festival a comezos do vindeiro mes de outubro.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Nova York, Documental, Atlántico...

Claves

Conceptos