Tras o seu paso triunfal polos festivais de San Sebastián e Ourense, o público galego e español poderá ver hoxe a longametraxe 'O Corno' nos cines. Un total de 82 salas comerciais en todo o territorio español, 24 delas en Galicia acollen hoxe a estrea do filme. Trátase da maior estrea en salas dun filme en versión orixinal galega da historia. A segunda longametraxe da directora e guionista Jaione Camborda, foi obxecto onte dun pase especial de pre-estrea nos Cantones Cines da Coruña, onde estivo presente o equipo da película incluíndo ás actrices Janet Novás, Carla Rivas, María Lado, Belén Merino e o actor Felipe G. Pariente. Elastica Films distribuirá o filme nos cinemas do territorio español. As vendas internacionais corren a cargo de Films Boutique.
'O Corno' está rodada en galego e en portugués en varias localizacións das comarcas de Arousa e Baixo Miño (Pontevedra) e Alto Minho (Portugal) e narra a historia de María, unha mariscadora e tamén parteira que, tras un terrible suceso, vese ve obrigada a fuxir a través dunha ruta de contrabandistas. Foi a película gañadora da Cuncha de Ouro á mellor película no 71º Festival Internacional de Cine de San Sebastián, onde Camborda xa fixo historia ao ser a primeira directora muller española que acada co seu filme a Cuncha de Ouro, ademais de ser a primeira vez que acada o galardón un filme en galego.
A película poderá verse nesta xornada de estrea en Santiago nos cines NUMAX, Cinesa As cancelas e Cines Compostela. Na Coruña, ademais de nos Cantones, a longametraxe estará no cartel de Cinesa Marineda City e Yelmo. Na comarca de Ferrolterra poderá verse no cine Dúplex de Ferrol e Multicines Odeón, en Narón. En Pontevedra estar na sala dos Galicines e en Vigo nos cines Tamberlick, Gran Vía. Multicines Norte e nas salas dos Yelmo. En Caldas de Reis poderá verse no cine Avenida. Tres salas de Lugo acollerán a estrea: Códex Cinema, Multicines Cristal e As termas. Tamén estará nos Multicines Central de A Estrada, no cine Xunqueira de Cee e nos Proyectfilmcines de Viveiro.

Llegó el día Hoy estrenamos en todas estas salas!!✨
— Jaione Camborda Coll (@JaioneCC) October 11, 2023
Tras mucho tiempo cociéndola a fuego lento y después de tantas emociones intensas vividas los últimos días, llegó el momento de entregaros esta película y de que la hagáis vuestra.
Nos vemos en los cines!! pic.twitter.com/xsmtLwd4W8