A estrea no circuÃto comercial da longametraxe 'O Corno', de Jaione Camborda, convocou máis de 20 mil espectadores nos seus primeiros 5 dÃas nos cines. As cifras desta chegada ao público, que coincidiu coa ponte festiva do 12 de outubro resultan espectaculares no contexto do audiovisual galego recente, cuxa anterior referencia foron os máis de 11.000 espectadores acadados na fin de semana de estrea por 'O que arde' no ano 2019. 'O Corno' estreouse este mércores 11 de outubro nun total de 82 salas en todo o territorio español -24 delas en Galicia-, o que supón a maior estrea en salas dun filme en versión orixinal galega da historia. Despois de acompañar as proxeccións do filme por localidades galegas como A Coruña, Santiago, Vilanova de Arousa, Vigo, Ferrol ou Lugo, o equipo da pelÃcula continúa esta semana facendo presentacións e coloquios en cines de Madrid e Barcelona.