'Dhogs' chega A 2.500 espectadores na súa primeira semana

O filme recadou máis de 13.000 euros desde a súa estrea en salas

O filme recadou máis de 13.000 euros desde a súa estrea en salas
Antonio Durán "Morris" nun fotograma de Dhogs
O filme Dhogs (Gaitafilmes, Pixel films), a ópera prima de Andrés Goteira e a película máis premiada (13) da historia dos Premios Mestre Mateo, conseguiu chegar a 2.500 espectadores na súa primeira semana de exhibicións. Segundo fontes da produtora entre o 17 de maio, día da súa estrea en salas, e o 24 a película acadou unha recadación de máis de 13.000 euros exhibíndose diariamente na carteleira de seis salas galegas e unha barcelonesa, ademais de ter pases en outras catro salas do país no día da súa estrea ou posteriores. O filme independente que conta no seu palmarés con outros galardóns recollidos en festivais nacionais e internacionais puido verse nas carteleiras de Cinema NUMAX de Santiago, Abella Cines de Lugo, Multicines Norte de Vigo (Sala ganadora tamén dun premio José Seller da Academia Galega do Audiovisual), Cantones Cines da Coruña, Cines Dúplex de Ferrol, Cines Viveiro e o Zumzeig de Barcelona. Nesta segunda semana, a partir do 25 de maio, incorporáronse dous cines máis Artistic Metropol de Madrid e Cinema Avenida de Caldas de Reis. Ademais a película continúa en carteleira en Vigo, Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo e Barcelona.