
A sala NÚMAX de Santiago de Compostela acolle hoxe ás 19:45 horas a estrea en cines do documental 'A Foreign Song', filme de Matriuska Producións, escrito e dirixido por César Souto. O director e dous membros do equipo da pelÃcula (Alberte Branco e Daniel Froiz) asistiran á estrea. O filme terá pases tamén nos seguintes dous dÃas na sala. Tras diso poderase ver en Vigo ( 28 de abril, Multicines Norte) , A Coruña (29 de abril, Cantones Cines), Ferrol (8 de maio, Dúplex) e Lugo (9 de maio, Codex Cinema) nas vindeiras semanas, con pases aos que tamén asistirá Souto. A pelÃcula acadou o Premio á Mellor PelÃcula Española e Mellor Dirección no Festival de Xixón 2022 e foi finalista nos XXI Premios Mestre Mateo.
O filme achégase á figura do poeta modernista estadounidense Wallace Stevens. Traballou nunha compañÃa de seguros durante 40 anos. Todos os dÃas se erguÃa ás seis e se deitaba ás nove. Na súa vida non hai peripecias destacables nin episodios extravagantes. Ninguén dirÃa que este home de vida ordinaria e aburrida é o autor dunha das obras poéticas máis singulares do século XX. Cando lle pediron un apuntamento biográfico para presentar a súa obra rexeitou escribilo. CrÃa profundamente que a poesÃa non é algo persoal e que a voz que estaba atrás dos seus poemas era en realidade a voz doutra persoa.