Este venres estrearase en salas de cine a película 'Filmei paxaros voando', ópera prima de Zeltia Outeiriño. O filme, que xa pasou por festivais como Cineuropa terá varios pases ao longo dos vindeiros días en diferentes salas galegas. Os Cines os Cantones da Coruña acollerán este venres ás 22:00 horas a estrea, que incluirá un coloquio con parte do equipo da película. Será o domingo, 2 de febreiro, ás 17:30 nos Multicines Norte de Vigo onde será a seguinte oportunidade de verse este filme. Os días 8, 9 e 10, haberá proxeccións en NUMAX en Santiago, Dúplex en Ferrol e no Cibnceclube Padre Feijoo de Ourense, respectivamente.
A película conta a historia de Zeltia, que tras dúas décadas en Barcelona lonxe da súa Galicia natal e da súa nai Socorro, unha muller conservadora da que se afastou, regresa á súa terra para filmar unha película e explorar o seu desarraigo familiar. Na súa procura e respostas, segue a vida do seu tío Antonio, un artesán téxtil co que se identifica pola súa creatividade e visión da vida. Malia todo, á coa súa nai con quen realmente se reencontra, sobre todo cando a saúde de Socorro empeora. Entre rodaxes e coidados, nai e filla atopan un espazo para sandar vellas feridas e compartir momentos de complicidade e amor.