Estréase en Francia 'O que arde' con éxito de difusión comercial

Haberá que agardar a outubro para a súa exhibición en salas españolas

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Cartel francés para "O que arde"

Cartel francés para "O que arde"

O cineasta Oliver Laxe volveu esta semana á súa cidade de nacemento, París, para presentar a estrea en Francia de O que arde, a súa máis recente e aclamada película. O filme, que en Francia levará como título Viendra le feu comezou o seu percorrido no circuíto francés e chegará en principio a 54 salas en 21 cidades de todo o país galo da man da distribuidora internacional Pyramide Films. Os principais medios xeneralistas e especializados do país cubriron profusamente a estrea da película que chegará a 54 salas na súa versión orixinal en galego subtitulada coa historia rural de Amador Coro e a súa nai Benedicta que xa engaiolou aos membros do xurado de Cannes e que está conseguir presencia e recoñecemento en todas as citas internacionais. A película chegará ás salas comerciais en España o vindeiro 11 de outubro da man de NUMAX Distribución pero con menos difusión no noso país do que se presenta en Francia. O festival Curtocircuíto de Santiago fará un pase especial da película o vindeiro 1 de outubro.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francia, Oliver Laxe, Numax, Festival Curtocircuíto...