Pura Salceda recibe o VIIº Premio de Novela Vilar Ponte

Mañá terá lugar en Viveiro a entrega do galardón

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Pura Salceda recibe o VIIº Premio de Novela Vilar Ponte

O Concello de Viveiro acollerá mañá nas súas instalacións a entrega do sétimo Premio de Novela Vilar Ponte. A escritora Pura Salceda Carballeda (México DF, 1961) recollerá o galardón pola súa obra 'A dous pasos do Edén' que acadou por unanimidade do xurado o pasado mes de outubro. O tribunal destacou da obra de Salceda "a habilidade para somerxernos no mundo hospitalario no que se move o protagonista, un paciente en diálises que rememora unha intensa vida amorosa mentres cruza o seu camiño cunha miríade de personaxes cos que coincide nas sesións de tratamento". O xurado sinalou que nesta narración "diversas vidas converxen nun purgatorio de salas de hospital onde se tecen redes de amizade e afecto que fortalecen a estes seres ante o horizonte dun final ameazante". No acto tamén se recoñecerá á obra finalista, a novela 'Vera' de Ignacio Vidal Portabales. O tribunal do Premio Vilar Ponte estivo formado por Carlos Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiro, profesor e historiador; Rosalía Morlán Vieites, escritora e enfermeira e Armando Requeixo Cuba —investigador, profesor e crítico literario.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pura Salceda, Rosalía Morlán Vieites, Ignacio Vidal Portabales, Armando Requeixo...