O xurado da primeira edición do Premio de Novela Vilar, Vilar Ponte, seleccionou esta fin de semana a Adolfo Caamaño Vázquez (Barro, 1959) como gañador deste certame que convoca o Concello de Viveiro. Da súa novela Matar o heroe destacou a "súa solidez narrativa, tanto da estrutura como da ambientación espacial cronolóxica e dos personaxes", asà como o seu "contido universalista" e "a defensa do pacifismo e a non violencia, en consonancia cos valores cÃvico-sociais defendidos polos irmáns Vilar Ponte na súa traxectoria vital". Caamaño leva un premio en metálico de 4.000 euros, mentres RocÃo Leira Castro obtivo os mil euros do segundo posto coa súa obra Veleno en familia.
O xurado estivo formado polo cronista oficial do municipio, Carlos Nuevo Cal, o profesor de lingua e literatura Bernardo Penabade Rey, e a xornalista Alba Porral Quintillán. A entrega dos galardóns realizarase o vindeiro 30 de novembro no Teatro Pastor DÃaz.