O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle na tarde deste 1 de decembro o acto de entrega do V Premio de Novela Vilar Ponte. Óscar Manuel Guzmán Álvarez fíxose con este galardón pola obra Pero... Como morren as pegas?. O gañador recibirá un premio en metálico de 4.000 euros. María Cristina Rey Vázquez resultou finalista por Letras azuis sobre formigón gris, e obterá 1.000 euros.
O xurado, conformado por Carlos Nuevo Cal, Armando Requeixo e Montse Dopico, destacou do traballo gañador "a habelencia para espellar un mundo de intrigas" e salientou o se tratar dunha obra "escrita con grande oficio e coñecemento da realidade policial e dos opacos territorios da delincuencia das pequenas mafias", así como o "mosaico de fascinantes personaxes que se complementan para debuxar un acabado fresco das túrbidas esferas do delitivo".
A novela gañadora narra a investigación dunhas mortes en estrañas circunstancias que se desenvolve entre Ourense e o norte de Portugal. A obra finalista, pola súa banda, "é unha novela de protagonismo feminino que incide na necesidade dos lazos de sororidade para enfrontar as situacións máis difíciles da vida dos personaxes" ambientada na emigración galega.
A Fundación Neira Vilas, á súa vez, deu a coñecer o fallo do III Premio Arume de Poesía para a Infancia. Pablo Nogueira, fíxose co galardón pola súa obra Versos (a)variados e recibirá os 1000 euros en metálico da dotación e verá o seu traballo publicado por Edicións Embora.
David Cortizo Conde, Rosalía Morlán e Pilar Sampedro conformaron o xurado, que destacou "o emprego de múltiples recursos lingüísticos e literarios, que, tal que se dun xogo se tratara, inclúe onomatopeias, caligramas, trabalinguas, palíndromos ou anáforas", así como "un variado acompañamento gráfico e icónico" na obra. O Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura acollerá o vindeiro 15 de decembro o acto de entrega do galardón.