Óscar Manuel Guzmán faise co Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey

O galardón recoñeceu con 3.000 euros a súa obra Só os mortos saben a verdade

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Óscar Manuel Guzmán. Fonte: Galipedia

Óscar Manuel Guzmán. Fonte: Galipedia

O Concello do Grove daba a coñecer este 17 de decembro o fallo do co XXXII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey. O autor Óscar Manuel Guzmán Álvarez impúxose neste certame e levará 3.000 euros pola súa novela Só os mortos saben a verdade, que sairá publicada por Edicións Xerais.

Armando Requeixo, Ánxela Gracián, Carmen Ferreira Boo, Miguel García e José Carou Rey, gañador da anterior edición, compuxeron o comité de selección desta xeira.

O seu fallo destaca da obra "que se trata dunha novela de suspense moi ben enfiada cunha trama que salienta pola tensión narrativa, o ritmo áxil e o uso dun fino humor e ironía, cunha boa e traballada caracterización dos personaxes, que resultan ser moi enxeñosos, e cuns diálogos fluídos e realistas, no que nada é o que parece".

Ademais, considera que a novela "consegue manter a intriga con moita solvencia, de tal forma que o lector non é quen de inferir o seu final tan inesperado como impactante, sorprendente e insospeitado, no que queda reflectida unha das paixóns máis baixas do ser humano: a vinganza".

Que che parece esta nova?
202 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Edicións Xerais, Grove, Ánxela Gracián, Carmen Ferreira Boo...