A segunda novela do escritor e xornalista Alberto Mancebo, Indolente, acaba de lle valer ao seu autor facerse co Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey na súa trixésima edición. O premio que convoca o Concello do Grove conta cunha dotación de 3.000 euros e a publicación da obra gañadora por Edicións Xerais de Galicia.
Segundo destacou o xurado do galardón, o autor ten "a capacidade para defrontarnos cos riscos dun mundo futuro de ameazas climáticas que abisman a Humanidade a unha situación límite que fai aflorar os instintos máis primarios".
O fallo recolle tamén que Indolente é unha "novela de narración poderosa, de desacougante escenario agónico, a súa trama crea unha hipnótica atmosfera rebordante de violencia na que os personaxes teñen que decidir inclinarse pola supervivencia solidaria ou pola loita individualista, atrapados nunha témera tormenta solar".
Segundo este comité, trátase dunha obra "inquedante, insólita e apelativa, esta historia convida a repensar o fondo da alma humana, coas súas faíscas luminosas, mais tamén coas súas miserias insondables". Armando Requeixo, Ánxela Gracián, Carmen Ferreira Boo, Héctor Cajaraville Araujo e Alex Alonso foron as persoas responsables de seleccionar o traballo gañador.