Luís Rei Núñez obtén o II Premio de Novela Álvaro Cunqueiro

O autor recibirá 5.000 euros en metálico pola súa obra Elas dúas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Luís Rei Núñez. Fonte: Editorial Galaxia

Luís Rei Núñez. Fonte: Editorial Galaxia

A segunda edición do Premio de Novela Álvaro Cunqueiro, que convocan cada dous anos o Concello de Mondoñedo en colaboración coa Casa Museo Álvaro Cunqueiro e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, foi para Luís Rei Núñez. O coñecido escritor e xornalista obtivo o galardón, que conta cunha dotación de 5.000 euros a publicación da obra na editorial Galaxia, coa novela Elas dúas.

O xurado destacou a forza narrativa amosada polo autor para reconstruír "de xeito maxistral a Pontevedra de mediados do século XX, na que medra unha apaixonante historia de amor entre dúas mulleres que viven a súa relación alén das convencións sociais da época". O fallo apunta da obra que "narrada con impecable oficio, este vívido retablo de personaxes sostén un relato no que o valor da amizade, a importancia da formación, a necesidade da raiceira familiar e, sobre todo, a luz do amor conforman un mapamundi de afectos e vivencias que converten estas páxinas nun admirable retrato do seu tempo e de todo tempo".

O comité de selección desta xeira estivo composto por Ánxela Gracián, Rosalía Morlán, Marta Neira, Marcos Calveiro e Armando Requeixo, con Alberto García Fernández, concelleiro de Cultura de Mondoñedo, como secretario con voz e sen voto. A entrega do galardón realizarase ao longo do primeiro trimestre de 2026 en Mondoñedo.

Que che parece esta nova?
323 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luís Rei Núñez, Álvaro Cunqueiro, Xuventude, Editorial Galaxia...