Hadrián Jamardo gaña o Premio de Novela Gráfica Ajuntament de Paterna

O autor de Caldas recibirá 4.000 euros e verá publicada a súa obra Ladrillito

| Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
Compartir:
Hadrián Jamardo. Fonte: Ensaia

Hadrián Jamardo. Fonte: Ensaia

A III edición do Premio de Novela Gráfica Ajuntament de Paterna, convoca este municipio de Valencia, veu para Galicia. O autor de Caldas Hadrián Jamardo impúxose nesta convocatoria, que conta cunha dotación de 4.000 euros en metálico e inclúe a publicación da obra da man de Desfiladero Ediciones.

Ladrillito, a obra galardoada, está previsto que vexa a luz ao longo deste 2026 e conta a historia dun tixolo que ten unha cara estraña. O autor fora recoñecido o pasado mes de febreiro cunha bolsa Ensaia, dotada con 10.000 euros, para elaborar a súa obra No cine. Jamardo formouse na escola de BD O Garaxe Hermético de Pontevedra.

Que che parece esta nova?
98 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caldas, Valencia, Cine, Garaxe Hermético...

Claves

Entidades
Conceptos