Antón Riveiro Coello gaña o premio de narrativa Álvaro Cunqueiro

Riveiro-Cunqueiro

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A novela "Homonim@" valeulle ó escritor de Xinzo Antón Riveiro coello o Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa que se entregou onte en Vigo. Coincidindo coa entrega deste premio presentouse a edición que Galaxia fixo desta obra.


A obra

"Homonim@" narra a aventura de Suso Paradela, un galego que descobre en Internet a existencia dunha aldea en México onde van inaugurar un centro que leva o seu mesmo nome. A busca do seu tocaio mexicano artella unha trama na que, segundo o autor, mestúranse dúas novelas, a interna escrita polo protagonista e a externa que escribe el mesmo. A acción desenvólvese nunha aldea imaxinaria de México, e o autor sinala que con esta obra rinde homenaxe a clásicos coma Gabriel García Márquez ou Juan Rulfo. A novela foi seleccionada entre corenta e nove traballos.


O premio

O premio de narrativa Álvaro Cunqueiro creouse en 1991 e desde entón veuse entregando cada dous anos. A dotación do premio é de dous millóns de pesetas, e nos seus dez anos de historia ten sido outorgado a autores coma Alfonso Álvarez Cáccamo, Xavier Lama, e Marilar Aleixandre entre outros. O xurado desta quinta edición estivo formado por Francisco Fernández del Riego, Darío Villanueva, Marina Mayoral, Anxo Tarrío e Dolores Vilavedra.


O autor


Antón Riveiro Coello naceu naceu en 1964 en Xinzo de Limia. A súa obra narrativa xa recibira numerosos premios coma o Camilo José Cela. Está próximo a publicarse o seu primeiro poemario "Anatomía da dor". É autor das novelas "A historia de Chicho Antela", "A quinta de Saler" e "As rulas de Bakunin".

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito