Xavier Queipo gaña con 'Tamarindo' o Premio de Novela Vilar Ponte

Lionel Rexes queda finalista coa obra 'O Terceiro Desexo'

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Xavier Queipo. Fotografía de Cé Tomé. AELG

Xavier Queipo. Fotografía de Cé Tomé. AELG

A obra 'Tamarindo' de Xavier Queipo (Santiago de Compostela, 1957) resultou gañadora do VIº Premio de Novela Vilar Ponte do Concello de Viveiro para obras orixinais inéditas. O certame contempla tamén un premio a unha obra finalista, que foi neste caso para 'O Terceiro Desexo', asinada por Lionel Rexes (París, 1971). O primeiro premio ten unha contía de 4.000 euros o finalista levará 1.000 euros, coas súas correspondentes pezas de cerámica e diplomas. A entrega de premios será o vindeiro venres 13 de decembro no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20:30 horas. Estará conducido pola xornalista Alba Porral Quintillán e contará coa actuación do Sexteto de Corda do CMUS de Viveiro. As obras vencedoras pasan a integrar o fondo do patrimonio da Biblioteca Pública Municipal de Viveiro, pudendo ser editadas polo Concello, segundo as bases do certame.

Que che parece esta nova?
135 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xavier Queipo, Lionel Rexes, Teatro, Concello de Viveiro...

Claves

Conceptos