O pintor José Freixanes, considerado unha das principais figuras das artes plásticas do noso paÃs, falecÃa de xeito repentino este 26 de novembro en Madrid, onde residÃa desde hai anos a partillar domicilio con Granada. Nado en Pontevedra en 1953, Freixanes formouse en Bilbao e na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, e durante os anos 80 estivo vinculado movemento Atlántica.
Freixanes desenvolvÃa a súa actividade entre a capital de España e Granada, onde era profesor na Facultade de Belas Artes. Ao longo da súa carreira protagonizou múltiples exposicións internacionais e ten obra en coleccións como as do CÃrculo de Bellas Artes de Madrid, o Chase Manhattan Bank de Nova York, a da UNED, a de Afundación ou a da extinta Caja Madrid entre moitas outras.
O seu estilo, a oscilar entre a abstracción e a figuración expresionista, caracterizouse por unha tendencia primitivista e unha aposta pola materialidade da pintura, cun grande interese pola memoria, as viaxes e a historia nas súas creacións.
Ademais do traballo pictórico, desenvolveu carreira no campo do deseño e da ilustración en prensa, e fixo parte da comisión de plástica do Consello da Cultura Galega que promoveu a creación Centro Galego de Arte Contemporánea. Tamén realizou murais en diferentes institucións do noso paÃs, como o propio Consello da Cultura ou no Pavillón de Galicia na Expo'92. A compostelá GalerÃa Trinta e a viguesa PM-8 concentraron boa parte das súas exposicións máis recentes no noso paÃs.