Fernando Ónega. Fonte: TVE
Este 3 de marzo falecía en Madrid, onde residía, o histórico xornalista Fernando Ónega. Nado en 1947 en Pol, Lugo, Ónega comezou a súa carreira profesional en El Pogreso antes de se trasladar a Madrid onde conseguiu recoñecemento como un dos principais cronistas da Transición española. Malia a desenvolver a súa carreira na prensa estatal, mantivo colaboracións con medios do noso país como El Progreso, a Radio Galega ou La Voz de Galicia.
A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, vinculada a este xornal, distinguiuno en 2001 co Premio Fernández Latorre en recoñecemento á súa carreira. No mesmo ano foi galardoado coa Medalla Castelao da Xunta. Declarado fillo predilecto de Pol, recibiu tamén o Premio Diego Bernal da Asociación de Periodistas de Galicia, en 2016 ou o Puro Cora de xornalismo.
Fóra do noso país, ocupou postos destacados como o de director de prensa e voceiro de presidencia do primeiro goberno de Adolfo Suárez, director de Onda Cero ou presentador dos informativos diarios de Telecinco e, despois, de Antena3 Televisión durante varios anos. A Casa de Galicia en Madrid acollerá a capela ardente este 4 de marzo ata as 21 horas.
 (002).jpg)


