Falece Carmelo Lisón Tolosana, o grande etnógrafo da Galicia tradicional

O investigador zaragozano publicara a monumental Antropología cultural de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Carmelo Lisón Tolosana. Fotografía da Fundación Lisón Donald

Carmelo Lisón Tolosana. Fotografía da Fundación Lisón Donald

Aos 93 anos de idade, este 17 de marzo falecía en Madrid o antropólogo Carmelo Lisón Tolosana. Nado en Zaragoza, o investigador é recoñecido unanimamente como unha figura fundamental no estudo etnográfico do noso país, con obras como a monumental Antropología cultural de Galicia, considera obra fundacional desta disciplina no noso país. Profesor de Antropoloxía e doutor pola Universidade de Oxford e catedrático de Socioloxía e Antropoloxía da Complutense de Madrid, ao longo dos anos 50 desenvolveu unha intensa investigación de campo no noso país co percorrido dun grande número de aldeas e lugares que recolleu nun diario de campo de 10.000 páxinas.

O autor, que recibira a Medalla de Prata de Galicia e se consideraba "galego de alma" escribiu outras obras sobre o noso país como La santa Compaña, Brujería, estructura social y simbolismo de Galicia ou Endemoniados en Galicia hoy, Teoría etnográfica de Galicia, Galicia, singularidad cultural ou Perfiles simbólico-morales de la cultura gallega.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Zaragoza, Antropoloxía, Madrid, Santa Compaña...