Galaxia publicará unha obra inédita de Otero Pedrayo mentres Akal reedita os estudos antropolóxicos de Lisón Tolosana

Novas vellas obras

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
“Una historia del arte universal” é o título da obra de Otero Pedrayo que pretende presentar a editorial Galaxia o vindeiro mes de xuño. Este libro, escrito en español entre 1966 e 1967, foi ao parecer unha encarga que non chegou a ver a luz e que agora é rescatada con ocasión da festa anual da fundación que leva o nome o ourensán. Mentres, a editorial Akal anunciou que vai reeditar seis obras do antropólogo Carmelo Lisón Tolosana centradas en Galicia e na maior parte dos casos esgotadas desde hai anos. “Perfiles simbólico-morales de la cultura gallega”, “Antropología cultural de Galicia” ou “La santa compaña: fantasías reales, realidades fantásticas” son os primeiros títulos se publicarán.

Máis información na edición sobre a obra de Pedrayo en Galicia Hoxe; sobre a reedición de Lisón Tolosana en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santa Compaña, Galicia Hoxe, Editorial Galaxia, La Voz de Galicia...