O director de cinema José LuÃs Cuerda falecÃa este catro de febreiro en Madrid aos 72 anos de idade. Unanimemente recoñecido como un dos grandes nomes do cine español, e aÃnda que nado en Albacete, Cuerda desenvolveu unha intensa relación con Galicia. Esta viuse a nivel profesional ao dirixir no noso paÃs adaptacións de obras como El bosque animado de Wenceslao Fernández Florez, coa que obtivo un Goya, e mais A lingua das bolboretas (Premio Ondas 1999) a partir de relatos de Manolo Rivas. O seu contacto co noso paÃs comezou precisamente cunha curta baseada noutro texto deste autor, Primer amor que rodou no ano 2000 no Carballiño, e mantÃvose coa súa participación en diferentes foros e eventos do sector.
A súa conexión co paÃs valeulle ser recoñecido coa Medalla de Ouro da Academia Galega do Audiovisual, entidade da que era socio. Tamén recibiu un premio Chano Piñeiro en recoñecemento ao seu apoio ao audiovisual do paÃs na primeira convocatoria destes galardóns. A nivel persoal, o director chegou a se instalar nunha casa en Boborás, onde mesmo botou a andar unha adega de viño.