“A fraga é un tapiz de vida apretado contra as enrugas da terra”. Asà comeza a obra máis coñecida de Wenceslao Fernández Flórez (1885-1964) “O Bosque animado”. E esa fraga da que fala é a de Cecebre (A Coruña). Un espacio personificado, un bosque con vida propia, que tivo unha importancia clave no propio Wenceslao Fernández Flórez e que agora a Fundación que leva o seu nome pretende recuperar. E para conservar o medio, a súa figura e o seu legado a Fundació Fernández Flórez desenvolve unha atÃpica e intensa actividade cultural.
A fraga de Cecebre, a obra de Fernández Flórez e a fundación son tres realidades que van unidas da man. E son as palabras do propio escritor as que poden axudar a sintetizar e resumir a filosofÃa de traballo da fundación desde a súa creación. “A fraga é un ser feito de moitos seres. ¿Non son seres tamén as nosas células?... As árbores teñen as súas loitas”. É que, como as células, a Fundación Fernández Flórez é unha fundación viva e atÃpica polo seu dinamismo cultural.
A Fundación
A semente plantouna o propio Fernández Flórez co seu legado, aÃnda que Antonio Montero Carro quixo aboar ese terreo e desempoar as arañeiras que pesaban na memoria do escritor pola súa mal entendida relación co franquismo, impulsando unha Fundación da que é secretario. Creábase asÃ, en 1997, a Fundación Wenceslao Fernández Flórez. Para Antonio Montero “naceu como consecuencia do interese dun grupo de amigos do mundo cultural vigués entre os que estaba Xaime Isla, Alfonso Zulueta de Haz, Carlos Casares ou Pedro Merino, para dar a coñecer a súa figura”.
O primeiro paso da Fundación foi mercar a casa na que veraneaba Fernández Flórez en Cecebre (Cambre) na que foron reflectindo unha forma moi peculiar de comprender a unha fundación. “É unha fundación atÃpica, reflexiona Antonio Montero, porque non é só do escritor, senón que ademais organiza actividades culturais que pretenden recrear o ambiente no que viviu”. É unha viaxe no tempo coa que ofrecen un entorno distendido e accesÃbel a todo aquel que queira achegarse a Cecebre para asistir a cursos e seminarios sobre o autor e a cultura galega, merendas e coloquios con escritores ou pintores todos os sábados ás 7 da tarde, exposicións e, sobre todo, actividades musicais. ¿Por que a música? “Porque”, responde Antonio Montero, “Cecebre é unha zona de gran tradición de músicos e compositores, toda unha tradición cultural que o propio Fernández Flórez recreou nas súas obras”. Por exemplo, esta fin de semana a Fundación acolle un concerto que acompaña a unha exposición de acordeóns con máis de cen pezas históricas datadas desde 1900 e chegados de paÃses como Italia e Alemaña.
Recuperación dos magostos, celebración do SamaÃn, Cantos de reis no Nadal ou actividades no medio son algúns dos actos celebradas asiduamente pola Fundación e que teñen un alto poder de convocatoria. Habitualmente nas actividades organizadas sempre hai máis de 35 persoas, un feito rechamante tendo en conta que Cecebre está a 15 quilómetros escasos da Coruña. Pero iso en parte, débese ao tipo de fundación activa, que para Montero Carro, deberÃa de ser un “prototipo para outras fundación, porque non está focalizada só no escritor, senón que organiza actividades culturais, que actúa como centro de formación e que ofrece unha forma de facer cultura diferente”
A fraga de Cecebre
E o feito de estar en Cecebre non é gratuÃto. Alà está a fraga que recreou o escritor na súa obra máis coñecida “O bosque animado”. Un espacio polo que o escritor sentiu verdadeira admiración, segundo se documentan nos fondos da Fundación, que revelan que nos anos 20 o escritor desenvolveu estudios de botánica e zooloxÃa. E nesta dirección, desde a propia Fundación está en marcha a creación dunha aula de natureza coñecida como proxecto CELIA, siglas de Centro Lúdico de Interpretación Ambiental. Unha iniciativa que, segundo figura no folleto da Fundación “pretende dirixir e mellorar o coñecemento ambiental e conservacionista dos usuarios dos bosques e do contorno natural de Cecebre, favorecendo a protección de ecosistemas semellantes”. É tamén un proxecto no que, segundo Antonio Montero, se está a contemplar a creación de actividades formativas que impliquen aos paisanos da zona, recuperando oficios e actividades propias do entorno como telleiras, zoqueiros, aserradoiros hidráulicos...elaboración de sidra. Un proxecto destinado aos rapaces e a centros escolares para que poidan aprender e vivan o medio.
Historia, vida, obra e medio mesturado con actividades lúdicas para formar e explicar unha forma diferente de ver a cultura para unha fundación.