Faleceu o sociólogo Juan Luís Pintos

Desenvolveu un intenso labor sobre os imaxinarios sociais no noso país

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Juan Luís Pintos. Fotografía da USC

Juan Luís Pintos. Fotografía da USC

Profesor da Área de Socioloxía na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela e director do Departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Administración, Juan Luís Pintos de Cea-Naharro falecía o pasado 30 de maio, aos 78 anos de idade. Cunha ampla obra sobre a socioloxía da relixión, destacou tamén polo seu labor de investigación no campo dos imaxinarios sociais. Sobre este ámbito fundou en 2001 o Grupo Compostela de Imaxinarios Sociais. Foi ademais un grande divulgador da ciencia-ficción en Galicia, con abondosas colaboracións e publicacións deste campo. Fundou e presidiu a Asociación Galega de Ciencia Ficción (AGASF) e colaborou con Culturagalega.org realizando recensións sobre diferentes obras de ensaio.

Que che parece esta nova?
110 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Ensaio, Culturagalega, Universidade de Santiago de Compostela