A Universidade de Santiago crea cun grupo de investigación de imaxinarios

Imaxinando sobre o social

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Analizar os tecidos culturais, sociais e empresarial para axudar ó seu desenvolvemento é o obxectivo do Grupo Compostela de Estudios sobre Imaxinarios Sociais (GCIS) que se acaba de presentar. Este colectivo, coordinado polo profesor Juan-Luis Pintos, da Universidade de Santiago, amplía a investigación social e reforza a cooperación universitaria con latinoamérica.

Grupo de asesoramento


Uns corenta investigadores coordinados en Europa polo profesor Juan-Luis Pintos e no apartado latinoamericane polo profesor Manuel Antonio Baeza, do Departamento de Socioloxía da Universidade de Concepción en Chile. Coa creación deste grupo preténdese aumentar os estudios nos tecidos cultural, social e empresarial. Así, poderían cumprir algúns dos seus obxectivos, como o de asesorar a institución e empresas en cuestión de identidade e imaxe, aportando datos sobre as consideracións que a sociedade ten sobre a imaxe. Ademais, o CGEI ten previsto preparar estudios para orientar unha rápida toma de decisións no eido empresarial e político.



Cambio social


Os cambios que se teñen producido na sociedade nas últimas décadas, motivou a necesidade de renovar a técnicas e os métodos de análise que se estaban empregando. Así, este grupo asume o reto de renovarse aproveitando as últimas tecnoloxías de comunicación.



Novos tempos, novos conceptos


Eses cambios sociais que motivan a necesidade de novas técnicas, implican, a maiores a utlización de novos conceptos cos que retomar os que quedaron obsoletos. E eses conceptos son os chamados "imaxinarios sociais", ou os esquemas compartidos que a sociedade emprega para definir a realidade do seu entorno.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Latinoamérica, Manuel Antonio, Manuel Antonio, Manuel Antonio...