O padroado da Fundación Galicia Obra Social, coñecida como Afundación, escolleu onte por unanimidade como presidente a Miguel Ángel Escotet.Profesor emérito na Universidade de Texas, doutor pola universidade de Nebraska e cunha ampla carreira de investigación no ámbito das ciencias sociais, o novo director desempeña o cargo de director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCA. O novo presidente defendeu o desenvolvemento de programas propios fronte ao financiamento de programas alleos e a calidade fronte á cantidade. "Queremos intensificar e centrar os esforzos máis que diversificalos para o beneficio de Galicia e de todas as galegas e galegos", apuntou.
Na mesma xuntanza, o padroado recibiu a encarga de elaborar o plan estratéxico de Afundación para os vindeiros cinco anos, que se quere presentar ao público en decembro. Entre os eixes da acción futura, a entidade abordará ámbitos como "o impulso á área educativa, o traballo integral cos maiores, o emprendemento e o fomento do emprego para os novos é o deporte e a vida saudable para os máis pequenos".
A entidade sinalou asimemso que a nova etapa non suporá cambios de emprazamento de ningún dos centros sociais, culturais e educativos que mantén. O padroado ratificou asimesmo a localización da xerencia de Afundación en Vigo.