O Parlamento e AFundación colaborarán no eido cultural

A sinatura dun acordo facilitará a divulgación de fondos e actividades culturais

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e mailo presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet Álvarez, asinaron un protocolo que articula a colaboración entre ambas para a promoción e divulgación dos seus fondos artísticos, e tamén para o desenvolvemento de actividades culturais de diferente índole. O acordo, que terá unha duración inicial dun ano, prorrogable, contempla a intensificación da promoción das dúas coleccións de arte e o intercambio de fondos artísticos. Tamén se contempla a colaboración no ámbito da investigación e a promoción do patrimonio histórico e cultural de Galicia. O 40 aniversario do Parlamento de Galicia aproveitarase para intensificar a colaboración entre a Cámara galega e a Obra Social de ABANCA para actividades relacionadas con esta conmemoración.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Afundación, Parlamento de Galicia, Abanca