A Mesa do Parlamento de Galicia acordou conceder a Medalla do Parlamento de Galicia 2025 á Real Academia Galega de Belas Artes, a Afundación- Obra Social Abanca e ao catedrático de Historia Contemporánea da USC, Ramón Villares, en recoñecemento á súa colaboración no ámbito da conservación e divulgación do patrimonio artÃstico e cultural que acolle a Cámara galega. Desde a súa primeira edición, a Medalla do Parlamento de Galicia veuse entregando o 6 de abril de cada ano, aniversario da promulgación do Estatuto de AutonomÃa de Galicia. Este ano a entrega adiantarase ao 5 de abril, por cadrar en domingo. No ano 2024 a Medalla do Parlamento non foi concedida pola coincidencia coas datas de comezo da XII Lexislatura.
Na xustificación da súa decisión, a Mesa do Parlamento sinala que a Real Academia Galega de Belas Artes, ven colaborando desde 2018 de xeito permanente co Parlamento de Galicia na difusión, estudo, investigación e conservación da colección artÃstica da Cámara. Pola súa banda Afundación-Obra Social Abanca comparte co Parlamento galego o interese común pola difusión da arte e a cultura galegas que se concreta na súa colaboración para promocionar e divulgar os fondos artÃsticos e o desenvolvemento de actividades culturais. Ambas institucións intensificaron esta colaboración para difundir as súas respectivas coleccións de arte a través de iniciativas como a organización de exposicións, o intercambio de pezas ou a realización de estudos. No relativo a Ramón Villares, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e que foi presidente do Consello da Cultura Galega, decano da Facultade de XeografÃa e Historia e reitor de Universidade de Santiago de Compostela entre 1990 e 1994. A Mesa do parlamento sinala a súa colaboración co Parlamento como comisario da exposición 'O Poder da palabra', organizada no marco da conmemoración do 40 aniversario, asà como na realización do libro 'Os tempos son chegados. Balance da Galicia autonómica, Estatutos de AutonomÃa 1936-1981' ou 'Edición crÃtica do Sempre en Galicia de Castelao', entre outras iniciativas.