A Mesa do Parlamento acordou deste 16 de marzo por unanimidade outorgarlle a Medalla do Parlamento de Galicia "ao conxunto da Xeración Nós e os seus discÃpulos". A cámara galega recoñece asà coa súa máxima distinción "o legado galeguista dos integrantes da Xeración Nós, coincidindo co seu primeiro centenario", e apunta que "a autonomÃa polÃtica da Galicia actual é tributaria da semente depositada pola Xeración Nós". O vindeiro 6 de abril celebrarase o acto de entrega desta distinción,"ás catro únicas fundacións que, a dÃa de hoxe, perpetúan a memoria dos persoeiros constituÃntes da Xeración Nós". AsÃ, representantes da Fundación Otero Pedrayo, da Fundación Castelao, da Fundación Antón Losada Diéguez e mais da Fundación Vicente Risco recollerán o galardón.