César Portela recibe a medalla de ouro da arquitectura estatal

O Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España recoñeceu o galego coa súa máxima distinción

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:
César Portela. Fotografía de Gustavo Santos. Fonte: Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España.

César Portela. Fotografía de Gustavo Santos. Fonte: Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España.

O galego César Portela foi galardoado este 5 de maio coa Medalla de Ouro da Arquitectura, a máxima distinción que concede esta profesión a nivel estatal. O Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España acordou outorgarlle a este profesional o galardón co que "recoñece o esforzo das persoas e institucións que ennobrecen o quefacer arquitectónico co seu labor".

O xurado responsable da selección valorou no seu ditame a "solidez" da traxectoria de Portela "como referente galego para novas xeracións de arquitectos/as tanto na Arquitectura como no Urbanismo". Ademais de destacar o labor do "arquitecto localista que supera o seu ámbito natal para se proxectar internacionalmente".

A decana do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Elena Ampudia, que fixo parte do comité de selección, destacou deste creador que "a súa obra serviu e serve de inspiración para todos os arquitectos galego e eta medalla é un recoñecemento a toda unha vida dedicada á arquiectura e á profesión". A entrega deste galardón desenvolverase o vindeiro 22 de xuño, no transcurso da gala dos Premios Arquitectura.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, César Portela, Ouro, COAG...

Claves

Protagonistas
Entidades