Os arquitectos españois danlle a súa medalla de ouro a Gallego Jorreto

Recoñecen a "alta calidade" da obra do galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:

O arquitecto Manuel Gallego Jorreto acaba de recibir a medalla de ouro que outorga o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España. Este organismo valorou a "alta calidade do conxunto da súa obra" e "a procura da expresión do universal a partir da presenza do particular". Gallego Jorreto, nado do Carballiño, asinou edificos como o Museo de Belas Artes na Coruña, casas da Cultura en Chantada ou Valdoviño, ou a residencia presidencial de Monte Pío, en Compostela. A entrega do galardón celebrarase mañá na Fundación do colexio de Arquitectos de Madrid.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ouro, Manuel Gallego Jorreto, Manuel Gallego, Belas Artes...