Manuel Gallego Jorreto recibe o Premio Nacional de Arquitectura

Xa obtivera o galardón en 1997 polo seu proxecto para o Museo de Belas Artes da Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:
Manuel Gallego Jorreto. Fonte: Ministerio de Fomento.

Manuel Gallego Jorreto. Fonte: Ministerio de Fomento.

O Ministerio de Fomento acaba de anunciar que Miguel Gallego Jorreto foi galardoado co Premio Nacional de Arquitectura. O galardón recoñece "a dilatada traxectoria profesional deste arquitecto, con máis de 50 anos de exercicio profesional marcado por unha arquitectura comprometida coa súa Galicia natal e caracterizada por un diálogo honesto entre os materiais tradicionais, os oficios e a modernidade". Entre as súas obras, o Ministerio destaca desde as vivendas unifamiliares en pequenas localidades como Coarrubedo ou Oleiros a proxectos emblemáticos como a residencia oficial do Presidente da Xunta, o Museo das Peregrinacións ou o Museo de Belas Artes da Coruña, obra que xa lle valera este mesmo galardón en 1997. O premio conta cunha dotación de 60.000 euros en metálico.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Belas Artes, Museo de Belas Artes da Coruña, Manuel Gallego...