A Academia de Belas Artes nomea a Gallego Jorreto membro de honra

É o cuarto arquitecto que obtén esta distinción da entidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:
Manuel Gallego Jorreto. Fotografía do web da Academia de Belas Artes.

Manuel Gallego Jorreto. Fotografía do web da Academia de Belas Artes.

Despois de Álvaro Siza, a Real Academia Galega de Belas Artes acaba de incorporar outro arquitecto ao seu cadro de honor. A entidade aprobaba no plenario que celebrou o pasado sábado en Viveiro, a coincidir co Día das Artes, nomear a Manuel Gallego Jorreto como académico de honra. Segundo explica a institución, "a proposta foi amplamente defendida en base aos méritos de tan relevante arquitecto, profesor do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña durante máis de vinte anos, autor de numerosos proxectos e posuidor de importantes premios e distincións". Desde xeito, haberá catro arquitectos entre os seis membros de honra da institución: Andrés Fernández-Albalat, Rafael Moneo, Álvaro Siz e o propio Gallego Jorreto.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Academia de Belas Artes, Manuel Gallego Jorreto, Álvaro Siza...