A Academia Galega de Belas Artes nomea a Luis Carunho académico honorario

Destaca a súa produción artística e teórica

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Luis Caruncho. Fotografía de Jacobo Pérez-Bouzada. Fonte: Caruncho.eu

Luis Caruncho. Fotografía de Jacobo Pérez-Bouzada. Fonte: Caruncho.eu

Son moitos os méritos nos que se basa a Real Academia Galega de Belas Artes Nosa señora do Rosario para nomear a Luis Caruncho (A Coruña, 1929) como académico honorario. “Se como artista está considerado un dos nomes esenciais do constructivismo español, Caruncho é autor dunha non menos importante produción teórica” apunta a institución no seu sitio web. Caruncho fai o número 18 dos académicos de honra e comparte rango actualmente con Antonio Bonet Correa e Andrés Fernández-Albalat Lois.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Real Academia Galega de Belas Artes, A Coruña