Luís Caruncho presenta a súa dimisión como director do Museo Unión Fenosa

A arte contemporánea dimite

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Á dimisión de Carlota Álvarez Basso, á fronte do MARCO, acaba de unírselle a de Luís Caruncho á fronte do Museo Unión Fenosa. Caruncho (A Coruña, 1929) foi o encargado de crear o Macuf, foi quen lle deu unha orientación, creou un equipo técnico e foi recollendo premios por todo ese labor. De feito, nesta edición de ARCO recibiu o premio ao mellor coleccionismo institucional de España. Caruncho aclarou nunha nota de prensa que deixaba o centro porque considera que xa cumpriu unha etapa. Caruncho continuará vencellado ao centro como asesor artístico, mentres que Carmen Fernández Rivera asume a xerencia do complexo.

Máis información en La Voz de Galicia e Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fenosa, Carlota Álvarez Basso, Galicia Hoxe, Macuf...