Varios escritores homenaxearán a Luís Caruncho

Inaugura este xoves unha mostra na sala de exposicións de María Pita

| Santiago. Redacción | Seccións: EspectáculoExposicións
Compartir:

Arquitecto de formación pero pintor de profesión, Luís Caruncho (A Coruña, 1929) é un dos artistas máis recoñecidos de Galicia. Fundou a galería Giannini na Coruña, dirixiu o centro de arte Kandinski en Madrid e colaborou na creación do Museo de Arte Contemporánea Gas Natural-Unión Fenosa. Agora, un nutrido grupo de escritores quere homenaxear a súa figura. Sera este xoves 10, coincidindo coa mostra que acolle a sala de exposicións do pazo municipal de María Pita. Lino Braxe, MIguel Anxo Fernán Vello, Yolanda Castaño e Cesáreo Sánchez son algúns dos escritores que participan nesta homenaxe.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Exposicións, A Coruña, Miguel Anxo Fernán Vello...