Arredor dunha trintena de artistas achegan as súas creacións a Territorio infinito: o mar na arte actual en Galicia. A mostra pode verse desde o seis ata o vindeiro 28 de setembro repartida entre a sala de exposicións Salvador de Madariaga, a de Palexo, a do Pazo Municipal e mais no Espazo Público. Entre os creadores que participan nesta proposta atopamos nomes de diferentes disciplinas coma a ilustración, a pintura e mesmo a banda deseñada. María Marticorena, Santi Jiménez, Carlos Arrojo, Pinto e Chinto, Almudena Fernández, Roberto Ribao, Kike Benlloch, Alberto Vázquez ou Samuel Castro son algúns dos nomes que participan na proposta.
Unha mostra na Coruña recolle a relación co mar na arte actual galega
Ocupa varios espazos da cidade ata o vindeiro 28 de setembro
31 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas
Conceptos



