A Coruña enche contedores de arte

Corenta creadores participan ata o 1 de xuño na segunda edición de Citinart

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A Coruña enche contedores de arte

O traballo de 40 artistas exponse desde o 23 de maio e ata o vindeiro 1 de xuño en 11 contedores construídos con palés. Os xardíns de Méndez Núñez na Coruña acollen a segunda edición de Citinart, unha proposta na que diferente creadores ocupan de xeito sucesivos estes espazos e colaboran co público ou con outros convidados en diferentes actividades. Arte urbana, pintura, fotografía, literatura ou audiovisual son algunhas das disciplinas que teñen o seu espazo neste proxecto no que participan nomes como Edu Albo, Irene Sanjuán, Marcelo Bilevich, Pedro Ramos o Francisco Escudero entre outros.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Fotografía, Literatura, Arte urbana...